Xornada de portas abertas do CIFP Porta da Auga de Ribadeo para este xoves día 30

José Méndez de Andés engade que esta xornada vai desenvolver “de 10 da mañá a 5 da tarde ininterrompidamente, para que poida vir toda a xente que queira ver as instalacións do departamento e asistir a estas actividades, que son abertas ao público en xeral e non é necesario inscribirse previamente”.


O Departamento de Edificación e Obra Civil do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta dá Auga, de Ribadeo, organiza unha xornada de portas abertas para este xoves, día 30, de 10 a 17 horas. Nesta actividade ofrecerase formación e demostracións das últimas novidades en produtos, maquinarias e sistemas de aplicación. A participación é libre e gratuíta e os asistentes compartirán un aperitivo.
O xefe do Departamento de Edificación e Obra Civil do CIFP Porta da Auga, José Méndez de Andés, explica que “para esta xornada de portas abertas contamos coa colaboración da empresa Pinturas Tor, que á parte de vir cos seus diferentes produtos e novidades que teñen, traen outras tres asinas, que nos van a presentar e facer demostracións de maquinaria e instalacións de diversos tratamentos, así como unha formación teórico práctica sobre impermeabilización de terrazas, de cubertas e depósitos de auga. Este tema é bastante importante para esta zona porque coas humidades que temos vénnos moi ben. E despois imos ter tamén demostracións de aplicación de diferentes produtos da gama de masillas e enlucidos, cun material innovador que nos presenta unha das empresas”.
José Méndez de Andés engade que esta xornada vai desenvolver “de 10 da mañá a 5 da tarde ininterrompidamente, para que poida vir toda a xente que queira ver as instalacións do departamento e asistir a estas actividades, que son abertas ao público en xeral e non é necesario inscribirse previamente”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here