InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo únese á campaña Días Azuis da Federación Galega de Comercio...

ACISA Ribadeo únese á campaña Días Azuis da Federación Galega de Comercio onde se sortearán 12.000 euros

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explica que “desde Acisa queremos unirnos a esta campaña de dinamización comercial, que servirá para complementar nosa propia axenda de actividades durante este mes de xullo, grazas ao sorteo de 12.000 euros en tarxetas de 150 e 250 euros".

Publicada o

Acisa Ribadeo únese á campaña Días Azuis da Federación Galega de Comercio e da Xunta de Galicia, na que se sortearán 12.000 euros premios repartidos en 24 tarxetas de 250 euros e en 40 de 150 euros cada unha. O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explica que “desde Acisa queremos unirnos a esta campaña de dinamización comercial, que servirá para complementar nosa propia axenda de actividades durante este mes de xullo, grazas ao sorteo de 12.000 euros en tarxetas de 150 e 250 euros. É importante destacar neste sentido, que esta campaña únese ao sorteo da viaxe a Cuba para dúas persoas e ao Ribadeo Indiano”.
Pérez Prada conta que “o funcionamento da campaña é sinxelo, como todos os anos. O cliente rexistra a súa compra na web www.diasazuis.com, a través de móbil, tablet, pc…, ou lle poden axudar no propio establecemento a través da web www.diasazuis.com/comercios desta forma o cliente terá dobre posibilidade de participar. É moi importante que o cliente garde ou fotografe o ticket de compra. A través de Acisa case 100 negocios de Ribadeo participan nesta campaña comercial, que comezou o pasado 23 de xuño e finalizará o 17 de xullo. Van sortear 24 tarxetas de 250 euros e 40 tarxetas de 150 euros”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...