Unha explosión no porto deportivo de Ribadeo deixa dúas persoas feridas

Porto deportivo de Porcillán, en Ribeira / Jotomo62 Flickr

O porto deportivo de Porcillán, en Ribadeo, rexistrou unha explosión que deixou dúas persoas feridas, que foron evacuadas ao hospital da Mariña. Segundo informa o 112 Galicia, a explosión “produciuse, posiblemente, ao estalar o compresor de recheo das bombonas dos mergulladores nunha nave”.

O suceso ocorreu uns minutos despois das 16,00 horas deste xoves. Nese momento, varias persoas particulares alertaron ao 112 de que escoitaran un estrondo moi forte nas proximidades do club náutico da localidade. Engadían que vían saír fume, pero non chamas por mor da explosión.

Foron avisados, entre outros, 061, Bombeiros de Barreiros, Policía Local, Garda Civil e as autoridades de Portos de Galicia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here