InicioCulturaOs alcaldes de Riotorto e Meira apoian a Avelino Díaz para as...

Os alcaldes de Riotorto e Meira apoian a Avelino Díaz para as Letras

Antonio de Dios (PSOE) e Clemente Iglesias (PP) súmanse ao respaldo popular de 2.421 sinaturas

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Meira, Antonio de Dios (PSOE), acompañado do seu homólogo de Riotorto, Clemente Iglesias (PP), apoiaron a candidatura do poeta, xornalista e activista cultural Avelino Díaz ao Día das Letras Galegas 2019.

36 COLECTIVOS

O salón de plenos do Concello de Meira acolleu a presentación da candidatura, solicitada na sede da Real Academia Galega (RAG) pola Asociación Cultural Avelino Díaz, que agrupa a 36 colectivos e entidades. A agrupación quere reivindicar a figura do poeta, nacido na Órrea (Riotorto) e criado en Meira.

MÁIS DE 2.400 APOIOS

Ademais dos representantes políticos, 2.421 veciños dos dous concellos e doutros municipios da Mariña e A Terra Chá aprobaron o proxecto nunha recollida de sinaturas.

ÚLTIMAS

O futuro da Mariña: unha historia aínda sen argumento

Alcoa anunciaba que paralizaba a construción do forno de cocción de ánodos, un dos compromisos...

Alcoa seguirá adiante coa venda de San Cibrao ao rexistrar máis perdas millonarias: 237 millóns ata marzo

Alcoa, o maior produtor estadounidense de aluminio, rexistrou perdas por importe neto atribuído de 252 millóns...

Trabada solicita unha subvención para renovar a vivenda da Unitaria de Vidal

O Concello de Trabada solicitou unha subvención ao Instituto Galego de Vivenda e Solo...

Burela acollerá será a primeira fase da ximnasia rítmica Escolar, Promoción e Pre-Base

O Concello de Burela acollerá, no pavillón Vista Alegre, a Primeira Fase da Liga...