InicioOrientalTrabadaCríticas do PP á alcaldesa de Trabada: "Tenta ocultar a súa incapacidade...

Críticas do PP á alcaldesa de Trabada: “Tenta ocultar a súa incapacidade de xestión con críticas á Xunta”

O portavoz popular, José María Fernández, tamén fai referencia á queixa da alcaldesa en relación coas datas en que a Xunta convocou as axudas para cubrir os custos dos traballos de roza.

Publicada o

- Advertisement -

A sesión plenaria que celebrou o mércores a corporación municipal puxo de novo de manifesto a falta de xestión do goberno local, presidido pola socialista Mayra García, e o seu permanente intento de ocultar tal incapacidade detrás de críticas á Xunta. O portavoz popular, José María Fernández, di que a estas alturas xa non é crible para ninguén o discurso vitimista da alcaldesa.

Fernández sinala: “Outra vez máis volve a alcaldesa a dicir que a Xunta non subvenciona a reforma dos vestiarios do ximnasio e a compra de máquinas para facer exercicio. A cuestión é que o Concello, grazas ao tempo no que estivo ao fronte da Deputación Elena Candia, recibe todos os anos os cartos do Plan Único, que no 2020 ascenderon a 262.000 euros; pois moi facilmente podía dedicar unha pequena parte do Plan Único á reforma e dotación do ximnasio. Pero non, prefire dedicalos a usos de máis alta rendibilidade política”.

O portavoz popular tamén fai referencia á queixa da alcaldesa en relación coas datas en que a Xunta convocou as axudas para cubrir os custos dos traballos de roza. “Pois eu o que digo é que o ano pasado, no que as axudas saíron antes, no Concello de Trabada non se notou nada, porque, a estas alturas do ano, a roza aínda non estaba feita. Polo tanto, outra vez, desculpas de mala xestora”.

Fernández di que a alcaldesa pretende xerar a idea de que a Xunta non inviste en Trabada. ´”É non é certo en absoluto, e, como non é certo, non lle vale como desculpa. Aí están os 92.676 euros que recibiu o Concello dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; os fondos correspondentes para a mellora do abastecemento, ou os destinados aos obradoiros duais, á contratación de socorristas para a piscina, as axudas do segundo plan de rescate para autónomos, microempresas, hostalería, etcétera. Por non falar dos cartos que recibe o municipio de Política Social, cun total de 289.479 euros”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...