InicioOrientalTrabadaObradoiro en Trabada sobre dinámicas de autocoidado para mulleres

Obradoiro en Trabada sobre dinámicas de autocoidado para mulleres

“Animamos a todas as mulleres do concello a participar, é unha iniciativa moi interesante para aprender dinámicas e comportamentos que despois aplicarán na vida diaria”, asegura a concelleira Julia María Barcia.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada organiza un obradoiro o próximo 25 de novembro, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

O obradoiro ‘O pracer de ser muller. Dinámicas de auto-coidado’ se celebrará o día 25 de 10:30 a 13:00 horas na Casa da Cultura de Trabada. A monitora será Sonia María Lamas, terapeuta holística e naturópata pola USC. É maestra de Reiki, profesora de terapias corporais e facilita círculos de mulleres dende 2005.

Mediante dinámicas dos círculos de mulleres, as participantes no obradoiro iranse facendo conscientes de sí mesmas, e a través de diferentes dinámicas, para ir hacia o auto-coidado corporal, emocional e mental.

“Animamos a todas as mulleres do concello a participar, é unha iniciativa moi interesante para aprender dinámicas e comportamentos que despois aplicarán na vida diaria”, asegura a concelleira Julia María Barcia. A inscrición pode facerse ata o 24 de novembro no Concello de Trabada (982 135 011).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...