InicioOrientalTrabadaTrababa organiza unha excursión para mozos e mozas ao complexo histórico das...

Trababa organiza unha excursión para mozos e mozas ao complexo histórico das minas Consuelo e Boulloso

A visita inclúe a realización da ruta dos Fornos, un percorrido de sendeirismo guiado con entrada ao nivel cero da mina Consuelo, rematando co descenso en tirolina.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada organiza unha excursión ao complexo histórico e recreativo das Minas Consuelo e Boulloso de Pontenova, dirixida a mozos e mozas que estean empadroados no municipio e con idades comprendidas entre 16 e 29 anos.

A excursión será o domingo 27 de marzo e o custo da mesma 15 euros por persoa para a comida, xa que o Concello de Trabada asume os gastos de transporte e de realización das actividades.

A visita inclúe a realización da ruta dos Fornos, un percorrido de sendeirismo guiado con entrada ao nivel cero da mina Consuelo, rematando co descenso en tirolina.

Aqueles mozos e mozas que desexen asistir deberán reservar praza chamando ao Concello de Trabada (982 13 50 11), sendo a data límite para a reserva da mesma o día 21 de marzo ás 14:00 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...