O Concello de Trabada informa que non hai habilitada aula de infantil no centro escolar como asegura Educación

Con respecto ás rutas do transporte escolar, houbo tamén queixas ao Valedor do Pobo respecto a outra parada dunha ruta escolar ao centro de ensino situado no Concello de Trabada.

Consistorio de Trabada. GOOGLE MAPS

O Concello de Trabada informa que según o trasladado nos consellos escolares o CEIP Plurilingüe Celso Currás non ten habilitada a aula de educación Infantil, tal e como manifestou onte a alcaldesa, Mayra García Bermúdez.

En resposta a un comunicado feito público hoxe pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, a concelleira de Educación, Igualdade e Desenvolvemento Local do Concello de Trabada, Julia María Barcia, que é representante do concello no Consello Escolar do centro, asegura que “en diferentes reunións do Consello Escolar de este curso 2021-2022 se nos comunicou que a pesares de estar matriculados nove nenos en educación Infantil, non se habilitara a aula que quedara suprimida”.

Con respecto ás rutas do transporte escolar, houbo tamén queixas ao Valedor do Pobo respecto a outra parada dunha ruta escolar ao centro de ensino situado no Concello de Trabada.

A outra queixa dirixida á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da que se fai mención no comunicado da Xunta foi “pola supresión dunha parada, onde recollían alumnos dende hai anos e onde existe unha marquesiña, e a principios de este curso comunicouselle á familia que tiñan que utilizar outra parada onde non existe refuxio para resguardarse nos días de meteoroloxía adversa; ademáis de que suprimiron en setembro a parada do alumno que en xuño tiña pleno dereito a ela, xa que era o único alumno na parroquia cursando estudos obrigatorios nun IES público”, afirma.

Fan que alumnos que viven no rural teñan dificultades para seguir ampliando os seus estudos, tendo en conta que a educación é un piar fundamental para os nenos e nenas, que son o noso futuro”, engade.

Temos que darlle aos nosos veciños uns servizos públicos de calidade, é a única maneira de apostar de verdade polo rural”, remata Barcia, que reclama á Xunta “máis servizos e menos declaracións que non se axustan á realidade”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here