Trabada solicita unha axuda ao Ministerio de Transportes para rehabilitar o Punto de Atención á Infancia e a Cámara Agraria

Esta petición dunha axuda ao goberno central deriva da obrigación, por parte do Concello de Trabada, de suspender as obras de eficiencia enerxética previstas na escola infantil e a Cámara Agraria polas deficiencias atopadas e descritas no informe técnico previo á actuación.


O Concello de Trabada solicita unha subvención ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a través do Programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos para as entidades locais (PIREP local), para levar a cabo as obras de renovación da Cámara Agraria e do Punto de Atención á Infancia (PAI).

No edificio do PAI, as obras consistirán na renovación da envolvente térmica, a instalación de iluminación e o cambio de carpinterías exteriores do edificio. Haberá tamén reformas no interior, os aseos, renovación de pavimentos e ampliación das aulas infantís.

No caso da Cámara Agraria, os traballos serán para a mellora da envolvente térmica, substitución da instalación de iluminación e o cambio de carpinterías exteriores do edificio. No interior, instalarase un ascensor, novos aseos para persoas con mobilidade reducida, renovación do pavimento e melloras nas oficinas.

O orzamento conxunto das dúas obras é de 218.936,36 máis IVE, mentres que a axuda solicitada polo concello ascende aos 211.253,40 euros máis IVE.

Esta petición dunha axuda ao goberno central deriva da obrigación, por parte do Concello de Trabada, de suspender as obras de eficiencia enerxética previstas na escola infantil e a Cámara Agraria polas deficiencias atopadas e descritas no informe técnico previo á actuación.

Unha vez licitado o contrato, o concello tivo que resolvelo por estas deficiencias atopadas. No caso da Cámara Agraria, non existe forxado de bovedilla e a cuberta está apoiada sobre viguetas.

No PAI, detéctase que debaixo da chapa metálica existe unha chapa de fibrocemento en mal estado e que non hai nin forxado nin estructura sólida que sosteña a cuberta, é decir, realizouse unha actuación sobre a cuberta inicial (que era de uralita con amianto) e despois colocouse encima unha cobertura de chapa metálica. En vez de retirar previamente a cuberta de uralita con amianto, púxose directamente por encima a chapa metálica.

Adxuntamos fotos onde pode verse a cuberta de uralita que hai por debaixo da cuberta de chapa metálica, a estructura mediante paus de madeira sen tratar e as tablas sueltas postas por enriba. Estes defectos ocultos que constan no informe técnico encareceron o proxecto e non se puido realizar, por iso houbo que renunciar á subvención concedida polo IDAE para esta actuación ao non poder executala.

O concello non tiña coñecemento destas deficiencias, herdadas do anterior goberno, e unha vez descubertas valoráronse as diferentes opcións para obter financiamento. Por ese motivo, realizouse unha nova memoria para a rehabilitación integral destes edificios a través do PIREP.

“Non foi posible executar a obra co proxecto previsto, polo que renunciamos á subvención, suspendemos o contrato e procedemos a pedir unha nova axuda para facer as cousas ben, xa que dende logo é a primeira vez que vemos que se renovou unha cuberta sen retirar a vella; estas son as grandes obras do anterior goberno”, explica a alcaldesa, Mayra García Bermúdez.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here