InicioOrientalTrabadaFin de semana de música e ocio en Trabada para toda a...

Fin de semana de música e ocio en Trabada para toda a veciñanza

“A ampla programación do domingo enxalza a nosa festa gastronómica da que esperamos que gocen tanto os veciños e veciñas como as persoas que nos visitan”, sinala Mayra García Bermúdez, alcaldesa de Trabada.

Publicada o

- Advertisement -

Esta fin de semana, a cidadanía de Trabada poderá gozar dunha ampla programación musical e de ocio con motivo das diferentes festas que se celebran estes días. Mañá, sábado 30 de abril, Trabada celebra a Festa da Xuventude. O domingo, 1 de maio, a vila celebra a Festa Gastronómica da Enfariñada.

Con motivo do 3º Aniversario do Centro de Atención aos Maiores, estaba previsto que a Banda de Música de Ribadeo ofrecese un concerto como acto conmemorativo pero debido a que varios residentes do centro están confinadas por COVID-19, aínda que o seu estado de saúde é bo, o Concello de Trabada decidiu aprazar o concerto ata que a totalidade dos participantes poidan asistir.

Non obstante, esa mesma noite celébrase a Festa da Xuventude co grupo de música Nueva Fuerza e a discoteca móvil The Sound Project ás 23:00. Na xornada do 1 de maio celebrarase a Festa Gastrónomica da Enfariñada, con tres actuacións: ás 12:00, pasarrúas a cargo do Cuarteto Tradicional Xaramolo; ás 13:30, concerto do grupo A Tajea, e ás 16:30, actuación de Pepe Vaamonde Grupo.

“A ampla programación do domingo enxalza a nosa festa gastronómica da que esperamos que gocen tanto os veciños e veciñas como as persoas que nos visitan”, sinala Mayra García Bermúdez, alcaldesa de Trabada.

A mocidade tamén será a protagonista esta fin de semana, co seu evento este sábado. Para a festividade dos maiores preferimos agardar a contar coa participación completa, para que así todos e todas poidan gozar do concerto”, engade a alcaldesa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...