Marta Rey, unha candidata de 24 anos para o PSOE de Ribadeo

A alcaldable socialista é diplomada en turismo e foi presidenta da comisión de festas

Marta Rey, coa dirixente socialista Pilar Cancela. AXM

Os socialistas ribadenses celebraron unha asemblea extraordinaria de militantes na que a candidata foi elixida por maioría absoluta.

Graduada en turismo, veciña de Ribadeo que foi presidenta da comisión de festas, Rey encabezará con só 24 anos a listaxe do PSOE ribadense, que conta con dous edis na lexislatura que está a piques de rematar.

A candidata dos socialistas tentará pechar unha lista “que representará ao conxunto da sociedade de Ribadeo”.

Segundo espuxo Rey, “desde o PSOE imos presentar un proxecto de cambio, a medio e longo prazo, que levante a ilusión e propoña iniciativas progrestias e de transformación para o municipio”.

OBXECTIVOS

Mellorar a calidade de vida das persoas do rural, facer de Ribadeo un referente no turismo de toda Galicia e ofrecer aos maiores as prestacións necesarias” son algúns dos obxectivos enumerados pola alcadable socialista en Ribadeo.

“NOVA XERACIÓN”

O secretario xeral do PSOE na provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, asegurou que “fai falta que o consistorio dea paso a unha nova xeración. Marta é a persoa idónea”, concluíu.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here