A candidatura independente ribadense presentarase este luns

Agrupación Electores de Ribadeo explicará o seu proxecto e despexará unha das incógnitas das eleccións municipais no municipio

Consistorio de Ribadeo. AXM

Os aspirantes á alcaldía de Ribadeo asoman pouco a pouco a cabeza. Despois de que o deputado Daniel Vega fose confirmado como candidato do PPo PSOE presentou a Marta Rey, de 24 anos e ex presidenta da comisión de festas, como alcaldable dos socialistas.

No tocante a En Marea, traballa para presentar unha candidatura con Evaristo Lombardero como coordinador, aínda que queda por aclarar quen será o cabeza de lista. O mesmo ocorre con Ciudadanos.

Este luns presentarase unha candidatura independente, baixo o nome Agrupación Electores por Ribadeo. A presentación será ás 17.00 horas no Hotel AG Porcillán, baixo o lema ‘Ribadeo nos une’.

SUÁREZ BARCIA, UN ENIGMA

Queda por despexar a incógnita do alcalde. O nacionalista Fernando Suárez Barcia, rexedor desde 2007, aínda non desvelou se concorrerá ás vindeiras eleccións.

Dada a escasa sintonía de Suárez Barcia coa dirección do BNG, queda por ver se o alcalde optará á reelección co partido frontista, se finalmente decide non presentarse ou se postula para a alcaldía á marxe do partido.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here