InicioPolíticaO PP de Alfoz aposta por Pepe Peinó como candidato á alcaldía

O PP de Alfoz aposta por Pepe Peinó como candidato á alcaldía

Os populares subliñan o carácter "implicado e conciliador" do profesor de secundaria, que fora concelleiro de cultura co anterior goberno conservador

Publicada o

- Advertisement -

O PP presentou a Pepe Peinó como candidato á alcaldía de Alfoz para as vindeiras eleccións municipais. O alcaldable dos populares foi elixido por unanimidade pola agrupación local, da que Juanjo Fraga será o novo presidente, cargo no que releva a Emilio Lousas.

Mestre de educación secundaria desde 1990 no municipio, presidente do  Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) e autor de varias pezas teatrais, Peinó foi concelleiro de cultura no anterior goberno popular, liderado por Lousas.

“É unha persoa ideal; implicada coa veciñanza e de carácter conciliador“, resaltan desde o partido conservador. 

“Foron xa varias as xeracións que pasaron polas súas aulas e tamén é un gran coñecedor do colectivo de maior idade do municipio, xa que sempre foi unha persoa moi activa na organización de actos lúdico culturais”, espuxo Fraga. 

O novo presidente do PP de Alfoz asegurou que “Peinó é o candidato ideal para dar un xiro de 180 graos ao rumbo do noso Concello, que leva catro anos sumido no desentendemento dos gobernantes e na procura dos intereses particulares mentres abandona as necesidades dos alfocenses”.

PLAN URBANÍSTICO

O candidato marcouse como prioridade “ofrecer un mandato sen enfrontamentos” e fixou como obxectivo “un Plan Urbanístico que nos permita ordenar o territorio e promocionar a construción de vivendas en Alfoz, que necesita fixar poboación“.

“O IMPULSO VEU DO PP”

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, destacou pola súa banda “o impulso que deu o PP a Alfoz”, do que considera que é un exemplo “a reestruturación parcelaria do Val, que culminou a ordenación de preto do 95% da superficie agraria do municipio”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...