Novo optará á reelección tras 18 anos como alcalde do Vicedo

O PP destaca que se trata do rexedor "con maior porcentaxe de votos da Mariña Lucense"

Jesús Novo. AXM

Jesús Novo optará á reelección como alcalde do Vicedo nas eleccións municipais deste 2019, segundo aprobou o comité local do Partido Popular (PP).

O actual rexedor, nado en Estaca de Bares (Mañón) no 1956, ostenta a alcaldía dende febreiro do 2001. Daquela, cando exercía como concelleiro, substituíu ao demitido alcalde Isaac Prado Villapol.

Desde as primeiras eleccións ás que concorreu como candidato, no 2003, Novo acumulou unha maioría absoluta tras doutra

A presidenta provincial do PP, Elena Candia, resaltou que Novo é “o alcalde con máis porcentaxe de apoio por parte da veciñanza na comarca da Mariña Lucense. É un rexedor con experiencia e vontade de dedicación”, concluíu.

O CENTRO DE DÍA, OBXECTIVO

Novo resalta que ao longo deste tempo “fomos capaces de ter un Concello saneado, con superávit, grazas a unha boa xestión económica”, e fixa como obxectivo unha vella demanda veciñal. “Agardamos poñer en marcha canto antes o centro de día trala entrega das obras, prevista para o mes de abril“, indica.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here