Demetrio Salgueiro, do PP, aspirará á reelección como alcalde de Xove

O candidato dos conservadores exerce como rexedor do municipio desde 2007, con maiorías absolutas en 2011 e 2015

Demetrio Salgueiro. AXM

Demetrio Salgueiro será de novo o candidato do Partido Popular en Xove nas eleccións municipais. O rexedor xovense, que exerce como tal desde o 2007, optará á reelección.

Nacido en Lago no 1971, economista de profesión e deputado na corporación provincial, Salgueiro acadou maiorías absolutas cos populares tanto no 2011 coma no 2015.

O candidato conservador asegura que Xove “é un referente en política social e de servizos aos veciños” e afirma que manterá a liña de “colaboración coas asociacións” para dinamizar o municipio.

OBXECTIVOS

Rematar o acondicionamento das estradas do concello, tanto as de titularidade municipal como as provinciais, e mellorar as infraestruturas culturais e deportivas”, son dous dos obxectivos que se fixa o candidato dos populares.

Salgueiro tamén sinala a loita contra o paro como unha prioridade. “Debemos potenciar o ambicioso plan de emprego co que se favorece a contratación de desempregados xovenses por parte do tecido empresarial, ademais de ampliar o polígono industrial”, explica.

“CERCANÍA”

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, resalta de Salgueiro “que os xovenses depositaron nel a súa confianza ata en tres ocasións pola súa cercanía. É un alcalde que sempre ten a porta aberta do seu despacho para recoller propostas”, conclúe.

1 COMMENT

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here