O PP de Viveiro recompón o seu grupo municipal con Javier Teijeiro e Valentín Mera

Tomarán posesión no vindeiro pleno despois das demisións de Antonio Bouza e Cristina Goás

Teijeiro, segundo pola esquerda, nun acto electoral do PP en 2015.

Javier Teijeiro López e Valentín Mera Sánchez incorporaranse como concelleiros do Partido Popular na corporación de Viveiro. Así o deu a coñecer o presidente da xestora local do PP, Jaime de Olano.

Os novos edís do PP entrarán a formar parte do Pleno en substitución de Antonio Bouza e Cristina Goás, que renunciaron ás súas actas e aos que Olano quixo agradecer “o seu bo labor no grupo municipal do PP e a súa dedicación ao servizo dos intereses de tódolos viveirenses”.

DE NOVO CINCO EDÍS

Ao grupo conservador, do que forman parte os edís Jaime de Olano, Celestino García e Antonio Lage-Seara -que substituíu á tamén demitida Chus Vale tomou posesión na sesión plenaria do pasado mércores, a mesma na que renunciaron Bouza e Goás- sumaranse Teijeiro e Mera no vindeiro pleno.

Teijeiro e Mera foron na candidatura popular de 2015, que liderou Bouza, nos postos 9 e 10, respectivamente.  

CANDIDATO

En pleno mes de febreiro e tras anunciar candidatos en Ribadeo, Xove, Burela, O Vicedo ou Alfoz, grupo municipal popular non se pronunciou polo de agora sobre a persoa que encabezará a listaxe electoral conservadora de cara ás vindeiras eleccións.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here