InicioPolíticaO alcalde de Barreiros participa con Casado nun acto do PP en...

O alcalde de Barreiros participa con Casado nun acto do PP en Lugo

Tras ser absolto de prevaricación urbanística, o rexedor podería presentarse baixo as siglas do partido que deixou en 2015, cando se abriu xuízo oral contra el

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, participou este xoves no acto que protagonizou o presidente do Partido Popular cos militantes de Lugo, malia que aínda non regresou á disciplina da formación política que tivo que abandonar ante a apertura do xuízo oral contra el por un supuesto caso de prevaricación urbanística, delito do que foi absolto.

Fuente Parga confirmou que “estes días” comunicará a súa decisión sobre a posibilidade de volver presentarse para ocupar durante outros catro anos a alcaldía de Barreiros, así como se o fará baixo as siglas do PP.

Todo parece indicar que si, logo de que, coa súa presenza en Lugo, o rexedor axudase a despexar en certa medida esa incógnita. “Sempre fun simpatizante e militante do PP“, lembra. A presidenta provincial dos conservadores, Elena Candia, asegurou días atrás que ten “as portas abertas” da formación.

“Falarei cos compañeiros, que son concelleiros, que son militantes en Barreiros, e se o cren convinte, tomaremos a decisión estes días, non cabe dúbida”, confirmou.

RECURSO

No tocante á intención da asociación ecoloxista Adega de presentar recurso ante a Audiencia Provincial á sentenza absolutoria, afirmou que a organización “está ao servizo do BNG” e só mira a Barreiros.

“O BNG nunca gañou unhas eleccións en Barreiros e quere gañalas onde lle acaban de dicir que non se poden gañar”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...