Miriam Bermúdez optará a alcaldía de Viveiro polo BNG

A actual vicerresponsable da formación foi elixida para encabezar a lista aos comicios de maio por acordo unánime da asamblea local

Miriam Bermúdez será a candidata nacionalista á alcaldía de Viveiro

Miriam Bermúdez encabezará a lista do BNG ás eleccións municipais en Viveiro. A súa candidatura recibiu o apoio unánime da asemblea local, que ven de comunicar a decisión aos órganos comarcais e nacionais da formación.

Bermúdez, mestra, é desde xaneiro de 2018 vicerreponsable local da formación nacionalista. A militancia viveirense destacou a “vitalidade, entusiasmo, capacidade de traballo e compromiso con Viveiro” da candidata á alcaldía.

Os nacionalistas concurren aos comicios de maio co obxectivo de volver á corporación municipal onde, lembran, “a organización estivo representada desde as primeiras eleccións locais no ano 1979”.

Nos últimos comicios, en 2015, a formación obtivo tres representantes que, en 2016, pasaron ao grupo de non adscritos.

“ENCONTROS ABERTOS”

O BNG adiantou que vai organizar “unha serie de encontros sectorais abertos a toda a veciñanza e colectivos viveirenses para aportar propostas e ideas” para incorporar ao seu “un proxecto de goberno”.

Así mesmo, nas próximas semanas avanzarán na configuración do resto dos integrantes da candidatura nacionalista.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here