Javier Rodríguez Barrera será o candidato do PP á alcaldía de Lourenzá

O número 2 da candidatura popular en 2015 sucede a Emma Álvarez, que comunicou o seu desexo de non repetir á fronte da listaxe

Javier Rodríguez Barrera. AXM

Francisco Javier Rodríguez Barrera será o candidato do PP á alcaldía de Lourenzá, tralo acordo por unanimidade pechado o pasado xoves pola executiva local do partido.

O alcaldable dos conservadores colle o relevo da actual voceira do grupo municipal popular, Emma Álvarez, que comunicou o seu seu desexo de non repetir á fronte da lista de cara ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio.

A que fora rexedora de Lourenzá entre 2012 e 2015 continuará á fronte do Partido Popular no municipio.

Traballador do servizo municipal de augas desde hai máis de dúas décadas, Rodríguez Barrera concorreu nas pasadas eleccións municipais como número 2 da listaxe encabezada por Álvarez.

O candidato do PP considera necesario “potenciar o asentamento de empresas no polígono industrial do municipio e traballar por reverter a desaparición de tendas e comercios en Lourenzá”.

“USO PÚBLICO” PARA O MOSTEIRO

No tocante ao patrimonio, cre necesaria “a restauración do mosteiro así coma realizar as xestións necesarias para darlle un uso público”. No aspecto social, outorga especial importancia “a ofrecer a atención que se merecen os nosos maiores e, especialmente, aqueles que viven sós”.

CANDIA FALA DE “DECLIVE” MUNICIPAL

Pola súa banda, a presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, agradeceu a Álvarez o seu traballo e animou ao novo candidato popular a traballar para “sacar ao Concello do declive no que o meteu o Partido Socialista”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here