Foz Plataforma de Futuro abre primarias para presentarse ás eleccións municipais

O partido independente decidirá o 9 de marzo quen lidera á formación nos comicios

Riveiro e Sixto, edís de FPF. AXM

A coordinadora xeral de Foz Plataforma de Futuro decidiu por unanimidade que a formación política concorrerá ás eleccións municipais do 26 de maio.

Así, segundo os nosos estatutos do partido, FPF abre un proceso de primarias abertas á militancia, para que se poidan presentar todos aqueles candidatos oque queiran defender este proxecto.

Poderanse presentar candidaturas ata a celebración da asemblea extraordinaria prevista para o 9 de marzo. O encontro será no local social do partido ás 19.00 horas en primeira convocatoria e ás 19.30 horas en segunda convocatoria, na que os posibles candidatos exporán os seus proxectos. Desa mesma xuntaza sairá o alcaldable da formación.

TRES EDÍS

FPF, que naceu a finais do 2014 e acadou tres edís nos comicios de 2015, estivo representado na corporación por Luís Alfonso Sixto Legaspi, xunto a Juan Riveiro e María Peña.

A coordinadora xeral do partido independente sinala que cumpre así “unha das nosas promesas electorais da campaña pasada, na que dixemos que o noso proxecto non era un experimento nin un apéndice doutra formación política senón que viñera para quedarse, un partido municipalista centrado en Foz”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here