Sixto Legaspi repetirá como candidato de Foz Plataforma de Futuro

Liderou no 2015 a candidatura do partido independente, que quitou tres edís uns meses despois da súa fundación

Luis Alfonso Sixto Legaspi. AXM

Luis Alfonso Sixto Legaspi repetirá como candidato de Foz Plataforma de Futuro (FPF) despois de ser elixido por unanimidade na asemblea extraordinaria celebrada o pasado sábado.

O candidato dos independentes encabezou no 2015 a listaxe no debú nunhas eleccións municipais de FPF, partido creado a finais do 2014.

Foz Plataforma de Futuro acadou tres edís en 2014. Luís Alfonso Sixto Legaspi, xunto a Juan Riveiro María Peña representaron ao partido independente na corporación.

PROMESA ELECTORAL 

A coordinadora xeral do partido independente remarcou días atrás que “unha das nosas promesas electorais da campaña pasada foi presentarnos de novo en 2019. O noso proxecto non é un experimento nin un apéndice doutra formación política senón que vén para quedarse, un partido municipalista centrado en Foz”, concluíu.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here