Fuente Parga volve ao PP para encabezar a candidatura de Barreiros

O rexedor confirma o seu regreso ao partido conservador, que deixou no 2015 trala apertura de xuízo oral contra el e cinco edís, e confirma que será candidato á alcaldía

O alcalde barreirense, Alfonso Fuente Parga. AXM

EFE. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, e os demais edís do seu goberno que se deron de baixa no Partido Popular (PP) a raíz da apertura de xuízo oral contra eles por un suposto caso de prevaricación urbanística formalizarán este martes a súa reincorporación ao partido, logo de que a sentenza do Xulgado do Penal número 2 de Lugo os absolvese dos cargos.

O rexedor recoñeceu sentirse “satisfeito” pola súa volta ao PP, logo de que o proceso xudicial no que se viron inmersos durante máis dunha década rematase, en principio, de xeito favorable para eles.

“Esperabamos que rematase este proceso e acabou como agardabamos, con eses dous arquivos por parte do Xulgado de Mondoñedo e a sentenza absolutoria por parte do Xulgado do Penal número 2 de Lugo”, expuxo Fuente Parga.

O alcalde de Barreiros asegurou que “agora toca continuar. Temos aí unhas eleccións locais e os afiliados e simpatizantes pídenme que volva encabezar a listaxe electoral do PP en Barreiros. Así o faremos“, confirmou Fuente Parga.

ADEGA E FISCALÍA RECORRERON

Tanto a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) -que exerceu a acusación particular- como a Fiscalía recorreron a sentenza que absolve a Fuente Parga, cinco edís do goberno de 2006 e á arquitecta municipal de cometer o delito de prevaricación urbanística na concesión de 41 licenzas, ese mesmo ano, para a construción de arredor de 3.000 vivendas no municipio barreirense.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here