Xabier Pardiñas repetirá como candidato dos independentes á alcaldía de Alfoz

O tenente de alcalde foi elexido por unanimidade pola dirección executiva, que se queixa "da falta de cooperación" do PSOE, socio de goberno na lexislatura que remata

Xabier Pardiñas, candidato de VIA. AXM

Xabier Pardiñas será de novo o candidato de Veciños Independentes de Alfoz (VIA) á alcaldía.

O tenente de alcalde e concelleiro de desenvolvemento local ao longo dos últimos catro anos foi elixido pola dirección executiva do partido, presidida por Efigenia Maseda, por unanimidade.

CRÍTICAS AOS SOCIALISTAS

Desde a dirección executiva de VIA mostrouse crítico co PSOE, partido co que os independentes gobernaron en coalición na lexislatura que está a piques de rematar.

Na decisión do candidato pesou a eficaz labor realizada durante estes catro anos ao fronte da tenencia de alcaldía do Concello de Alfoz, a pesar das limitacións que tivo polos socios de goberno en forma de falta de cooperación e atribuíndose a paternidade de todo o desenvolvido por VIA”, afirman desde o partido independente.

LISTAXE ELECTORAL

O propio Pardiñas encargarase da confección da listaxe electoral, continuando as negociacións que nas últimas datas se levaron a cabo con diferentes persoas a incluír na candidatura.

O candidato de VIA afirma que se presenta “con moita ilusión e consciente da responsabilidade do encargo que me confían os meus compañeiros”. Respecto á candidatura indica que se confeccionará unha lista “con xente comprometida, ilusionada e preparada para gobernar”.

ELECCIÓNS EUROPEAS

Así mesmo, a Dirección Executiva de VIA Alfoz aprobou a presentación dunha candidatura ás eleccións europeas, probablemente en coalición con outros partidos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here