Rodríguez suma ao fisioterapeuta Javier Teijeiro para a candidatura do PP de Viveiro

Foi un dos concelleiros dos populares que entrou na corporación trala demisión de Antonio Bouza e Cristina Goás

Javier Teijeiro. AXM

O fisioterapeuta Javier Teijeiro López formará parte da candidatura do Partido Popular (PP) de Viveiro para as vindeiras eleccións municipais, unha listaxe que liderará o empresario da xoiería Óscar Rodríguez.

Teijeiro exerce a súa profesión en Viveiro desde hai 23 anos. Foi un dos edís do PP que entrou na corporación trala demisión de Antonio Bouza e Cristina Goás.

O candidato do PP á alcaldía valora a incorporación de Teijeiro pola súa posición profesional e política. “Trátase dunha persoa traballadora e con mentalidade de equipo”, indica.

Rodríguez remarca que existe “boa sintonía e obxectivos comúns” con Teijeiro, o que os levará a presentar un proxecto político para Viveiro “no que o centro será a veciñanza e as súas necesidades”.

NON DESVELA O POSTO

Polo de agora, o PP non comunicou o posto da candidatura que ocupará Teijeiro. A listaxe, que se irá dando a coñecer nos vindeiros días, presentará un proxecto “atractivo e comprometido co futuro de Viveiro”, no que se verá “representada a realidade social da localidade”, sostén Rodríguez.

Será “unha aposta polo desenvolvemento económico e social do municipio que ofreza novas oportunidades aos veciños e veciñas e mellore os servizos que se lles ofrecen”, conclúe.

1 COMMENT

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here