InicioPolíticaPor Viveiro, o partido impulsado polos non adscritos, abre a candidatura á...

Por Viveiro, o partido impulsado polos non adscritos, abre a candidatura á veciñanza

A formación independente convoca á cidadanía viveirense este venres para que colabore tanto na elaboración do programa como na da listaxe electoral

Publicada o

Por Viveiro será o nome do partido independente impulsado polo grupo de non adscritos da corporación municipal, Bernardo Fraga, Manuel Galdo e Óscar Lara.
A formación organizará este venres, 12 de abril, a partir das 20.30 horas no salón de actos do conservatorio, un encontro aberto para “recoller ideas e iniciativas, e convidar á veciñanza do municipio a participar na elaboración do programa electoral” de Por Viveiro.
O partido independente tamén insta á cidadanía viveirense a facer as súas achegas “á candidatura que se presentará ás eleccións municipais do 26 de maio”.
Convocatoria de Por Viveiro. AXM

PRESENTACIÓN DO LOGOTIPO

Segundo expón nun comunicado, Por Viveiro “nace como a única candidatura aberta e independente e convida a aqueles veciños con ganas e ilusión de traballar polo municipio a participar no encontro”. Na xuntanza presentarase publicamente a nova marca, así como o logotipo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...