O BNG de Viveiro pon a consulta pública o seu programa electoral

A candidata, Miriam Bermúdez, asegura que se trata dun documento "aberto ás achegas" que queira facer a veciñanza dentro da "liña programática" dos nacionalistas

Miriam Bermúdez, candidata do BNG de Viveiro. AXM

O BNG de Viveiro presentou o programa de goberno da candidatura coa que concorrerá ás vindeiras eleccións locais, liderada por Miriam Bermúdez.

A formación nacionalista convida á veciñanza viveirense a coñecer as súas propostas neste enlace.

Baixo o lema ‘Viveiro coas ideas claras‘, o partido frontista aspira a “transformar” o municipio “nun concello habitable, saudable, seguro, inclusivo e verde, onde a veciñanza sexa o eixo central no desenvolvemento da política municipal.

Segundo Bermúdez, trátase do froito “do traballo desenvolto ao longo dos últimos tres anos” e dos encontros sectoriais mantidos coa veciñanza. Neste senso, a candidata dos nacionalistas de Viveiro indica que se trata “dun programa aberto a todos aqueles viveirenses que queiran seguir a facer achegas que encaixen na nosa liña programática”.

LISTAXE

Por agora, o BNG de Viveiro desvelou candidata e os últimos tres postos da súa listaxe electoral, que ocuparán concelleiros do partido nacionalista durante o bipartito.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here