Xose Luís Gutiérrez será o candidato do BNG da Pontenova, que desvela a súa listaxe

Xorxe Gómez Rico será o número 2 da candidatura e Carmen Otero Ruíz irá na terceira posición

Xosé Luís Gutiérrez, candidato do BNG pontenovés. AXM

Xosé Luís Gutiérrez Rivas encabezará a candidatura coa que o Bloque Nacionalista Galego (BNG) concorrerá ás vindeiras eleccións municipais no concello da Pontenova.

Gutiérrez, que foi concelleiro da corporación municipal no período 2003-2007, releva como candidato do partido frontista a Mónica Rancaño.

O BNG pontenovés tamén desvelou a listaxe electoral para os vindeiros comicios locais. Xorxe Gómez Rico será o número 2 da candidatura e Carmen Otero Ruíz irá na terceira posición.

O cuarto posto será para Uxío Souto Castro e o quinto para Pablo Méndez Díaz

José Antonio García Freire, Xián Rodríguez Puente, José Antonio González Rego, María Dorinda Legaspi VeigaAntonio Díaz Lombardía e María Ánxeles Rodríguez Llamazares completan a listaxe.

Integrantes da candidatura. AXM

“COMPROMISO”

Gutiérrez sinala que a candidatura “está formada por persoas comprometidas coa Pontenova, que tenen como obxectivo mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños do municipio e dotar á vila e ás parroquias de servizos dos que carecen. Para iso é preciso gobernar pensando nas necesidades das persoas, que teñen que poder propoñer e opinar para mellorar o concello”, conclúe. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here