InicioPolíticaA veterinaria "Mani" Vázquez Abal encabezará a lista do BNG de Lourenzá

A veterinaria “Mani” Vázquez Abal encabezará a lista do BNG de Lourenzá

Os nacionalistas sinalan que contar cunha profesional do medio rural "é unha garantía de desenvolvemento" nun concello no que a agricultura segue a ser relevante

Publicada o

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Lourenzá confiará a Áurea María Vázquez Abal, “Mani“, a cabeza da súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais.

A candidata nacionalista releva así a César Docampo, que lidero a listaxe do partido frontista nos dous últimos comicios locais.

O BNG laurentino explica que Vázquez Abal, de profesión veterinaria, naceu en Pontevedra hai 50 anos, aínda que a súa vinculación con Lourenzá e coa zona desde hai máis de quince anos. Na actualidade traballa para a Consellería do Medio Rural e ocupa un posto na oficina comarcal de Mondoñedo.

A candidata dos nacionalistas laurentinos xa formara parte das listas municipais da formación frontista noutras ocasións, pero decidiu dar un paso á fronte ao considerar que “en Lourenzá hai moitas cousas por facer que poden repecutir en mellorar a vida da veciñanza”, indica. 

Vázquez Abal defínese como “unha muller activa e colaboradora cos demais, concienciada co medio ambiente, que intento conservar todo o que me é posible”.

QUINCE INTEGRANTES

A formación frontista sinala que “nun concello no que o sector agrario segue a ter tanto peso como é Lourenzá, contar cunha persoa que ten un coñecemento directo das necesidades dos sectores produtivos é unha garantía de que a administración local traballe na mesma dirección que os produtores e isto redunde no desenvolvemento local”, conclúen.

O BNG laurentino non adiantou polo momento os restantes membros da candidatura, que integrarán quince persoas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...