Chus Amieiro será a candidata de En Marea á alcaldía de Mondoñedo

A empresaria de hostalería é a primeira alcaldable que presenta o partido instrumental na Mariña Lucense

Chus Amieiro. AXM

A empresaria da hostalería Chus Amieiro será a candidata de En Marea á alcaldía de Mondoñedo. Así o anunciou o partido instrumental nunha rolda de prensa celebrada este venres.

Amieiro encabezará un proxecto orientado a “recuperar Mondoñedo para os veciños e veciñas”. Na listaxe completa, que En Marea anunciará nos vindeiros días, “as mulleres terán un peso fundamental”.

Nun acto de denuncia da situación medioambiental do Concello cos casos da louseira do val do Baos e o proxectado parque eólico de Sasdónigas, En Marea Mondoñedo presentou a súa candidata e alertou de que non vai permitir “a depredación do territorio“.

“DESFEITA AMBIENTAL”

O acto contou coa presenza do deputado parlamentario Francisco Casal e da cabeza de lista ao Congreso Cristina Pérez, así como de Javier Arca e Teresa Burgo (número 2 e 3 ao Congreso) e Manuel Germade (candidato ao Senado).

Acto de En Marea en Mondoñedo. AXM

Casal salientou a aposta de En Marea por unha “transición ecolóxica integradora” e por aprender das experiencias neste sentido do norte de Europa, así como por impulsar lexislacións contra a deslocalización de empresas e por un investimento responsable de recursos.

Cristina Pérez lembrou a necesidade de compaxinar estas medidas coa xustiza fiscal e Teresa Burgo lamentou a “desfeita ambiental” da que foi testemuña en Mondoñedo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here