O BNG de Viveiro aposta pola xuventude na súa candidatura

Seve Salgueiro será o número 2 da listaxe frontista, que encabezará Miriam Bermúdez

Candidatura nacionalista de Viveiro. AXM

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) revelou este venres a candidatura coa que concorrerá ás eleccións municipais en Viveiro, unha listaxe que encabezará a mestra Miriam Bermúdez.

Severino Salgueiro Rodríguez, enxeñeiro de camiños, será o número 2. Gloria Rouco Llanderrozas, empregada da administración local, ocupará o posto tres, mentres que Iván Pena Muras, traballador de Alcoa, irá na cuarta praza.

Iria Cotelo Cociña, traballadora no Centro de día de Aspanane, será a número 5 da listaxe nacionalista, mentres que o docente Xosé Luis Ramallal Rego ocupará o posto 6. Xulia Canoura Díaz, profesora xubilada, irá no 7 e María Carballal Febreiro, estudante, no 8.

Santiago López Chao, capataz forestal xubilado; María Simón Cundíns, estudante; Tania Monteagudo Bermúdez, estudante; Néstor Varela García, Carmen López García, profesora; Pilar Ferro Cerdeiras, modista; Eva Eijo Vázquez, traballadora en Alcoa e Miguel Búa Fernández, estudante, completan a listaxe, que pechan o ex concelleiro César Naval Parapar, a emigrante Sara Fernández Murados, e os ex edís Xosé Antonio Goás Basanta e Francisco Luís Rodríguez Guerreiro.

O PROGRAMA, EXPOSTO

As candidatura do BNG de Viveiro está formada, apunta o partido frontista, “por persoas con amplitude de miras, de diferentes idades e experiencias e que a todas elas as une a preocupación por Viveiro e o compromiso adquirido para achegar toda a súa capacidade de traballo e esforzo por contribuír á mellorar o seu pobo”. A xuventude é a bandeira da listaxe: tres dos catro primeiros candidatos rondan os 30 anos.

O BNG de Viveiro puxo o seu programa a disposición da veciñanza para a súa consulta.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here