InicioPolíticaA empresaria Patricia Otero Doural ou o deportista Siro Maseda, novidades da...

A empresaria Patricia Otero Doural ou o deportista Siro Maseda, novidades da lista do PP de Mondoñedo

Marcos Candia, Pascual Ares, Ana Mel,Pilar Díaz e Aquilino Bouso son as outras incorporacións da candidatura popular, que liderará Elena Candia 

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular (PP) de Mondoñedo presentou parte da súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais, que encabezará de novo a alcaldesa, Elena Candia.

Os conservadores anunciaron un total de sete incorporacións, “que veñen a sumarse a este equipo apoiando, polo tanto, un traballo de catro anos” e que, ao mesmo tempo “achegarán novas ideas a un programa para o vindeiro mandato que construímos entre todos”.

Patricia Otero Doural –emprendedora no eido asociativo-, Marcos Candia –traballador do sector eólico-, Pascual Ares -profesor de FP-, Ana Mel -funcionaria-, Siro Maseda -deportista-, Pilar Díaz -psicóloga- e Aquilino Bouso -empresario panadeiro- son as sete novidades da lista popular. 

21 CANDIDATOS

Un total de 21 persoas -nove mulleres e doce homes- integran a lista dos populares, que segundo Candia “representa ao conxunto da sociedade do noso concello”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...