InicioPolíticaEscrutado o 100% en Lourenzá, Ourol e Riotorto

Escrutado o 100% en Lourenzá, Ourol e Riotorto

PSOE é a lista máis votada nos municipios ourolés e laurentino, mentres que no riotortense o PP segue como a forza de maior respaldo

Publicada o

- Advertisement -

Lourenzá foi un dos municipios galegos onde rematou máis axiña o escrutinio. O PSOE foi o partido máis votado, con 502 votos, o 37,08%. O porcentaxe de voto aos socialistas sube case un sete por cento, mentres que o incremento da participación é do seis por cento, do 70,97% en 2016 ao 77,08% destes comicios.

O PP quedou a un escaso marxe dos socialistas, pois obtivo 457 sufraxios, o 33,75%. No 2016 quitara 581 apoios (43,29%). Unidas Podemos acadou 100 votos (7,39%), por 89 do BNG (6,57%) e 84 de Ciudadanos (6,20%).

Vox colleitou 68 sufraxios, o 5,02% dos totais. En Marea apenas tivo relevancia, cun total de 11 votos que supoñen o 0,81% do total.

OUROL

En Ourol, o PSOE é a listaxe máis votada, con 306 votos (45,20%), polos 246 que quitou en 2016 (36,66%). O PP obtén 234 sufraxios, 68 menos ca no 2016. O porcentaxe de voto para os conservadores baixa do 45,01% ao 34,56%.

Unidas Podemos acada 55 votos (8,12%) en Ourol, polos 36 de Ciudadanos (5,32%). BNG suma 14 respaldos electorais neste municipio (2,07%), un máis ca Vox.

A participación medrou levemente no termo municipal ourolés, onde votaron 688 persoas, o 74,54% do electorado. No 2016, a participación foi do 72,62%.

RIOTORTO

En Riotorto, tamén co 100% escrutado, votaron 907 persoas, o 79,14% do censo electoral. Son cinco puntos máis ca no 2016, cando a participación foi do 74,03%.

Malia que perde votos e porcentaxe de apoio, o PP mantense neste municipio como a candidatura máis respaldada. Suma 431 sufraxios, 45 menos ca no 2016 (pasa do 55,58% ao 48,43%).

O PSOE queda lonxe do partido conservador, aínda que se percibe un aumento do apoio, de algo máis do seis por cento. Suma 268 votos, o 30,11%, polos 204 de 2016 (23,72%).

Unidas Podemos suma 60 votos (6,74%), por 54 do Bloque (6,07%) e 30 de Vox (3,37%). Ciudadanos recibe 26 sufraxios, o 2,92%, por 11 de En Marea (1,24%).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...