O PP resiste como forza máis votada en Xove e O Vicedo pero cae en Cervo

Cunha participación do 81,35%, o PSOE supera aos populares no municipio cervense

Resultados electorais en Cervo. AXM

Co 100% escrutado en Cervo, o PSdeG-PSOE é a forza política máis votada nestas eleccións xerais, con 955 votos, o 32,54% do escrutinio. Os socialistas reciben 290 sufraxios máis ca no 2016.

O PP perde 214 votos para recibir un total de 882 apoios (30,05%). Son 8,39 puntos menos ca no 2016.

Unidas Podemos obtén 531 votos (18,09%), por 191 do BNG (6,51%), que suma 108 sufraxios máis ca no 2016. Ciudadanos acada 164 sufraxios (5,59%), por 120 dos anteriores comicios. Vox acumula 91 apoios (3,10%), mentres que En Marea colleita 38 respaldos dos electores (1,29%).

A participación en Cervo supera o 80% (81,35%). Isto supón aumentar en máis de catro puntos a de 2016 (77%).

XOVE

En Xove, o PP resiste como partido máis respaldado. Os conservadores suman 839 votos, o 39,24%, pero caen nove puntos con respecto a 2016, cando recolleron o 49,53% dos apoios.

O PSOE sube máis de oito puntos e pasa de acadar 371 votos nas anteriores eleccións xerais a acumular 550 (o 25,72%) nestes comicios de 2019.

Unidas Podemos quita 275 sufraxios, o 12,86%, por 158 do BNG (7,39%) e 140 de Ciudadanos (6,55%). Vox obtén 82 sufraxios (3,84%), por 41 de En Marea (1,92%).

A participación en Xove tamén foi alta, rozando o 80% (79,88% case catro puntos máis ca nos anteriores comicios).

O VICEDO

No Vicedo, o PP colleitou tamén o respaldo maioritario dos votantes, con 496 votos (47,74%). Con todo, perde 144 sufraxios respecto á anterior cita electoral, máis de doce puntos.

O PSOE queda lonxe dos conservadores, aínda que mostra un crecemento similar ao acadado noutros municipios. Son 279 votos, 80 máis ca no 2016 (do 18,63% ao 26,85%).

Podemos roza o 8% do escrutinio con 83 votos, por 63 de Ciudadanos (6,06%) e 36 do BNG (3,46%).

Case os mesmos sufraxios có nacionalismo galego quita Vox, con 34 respaldos electorais no Vicedo (3,27%). En Marea quitou nove votos.

A participación no Vicedo foi do 71,72%, subindo algo máis de dous puntos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here