En Ribadeo, o PSdeG-PSOE é a forza máis votada con 1.866 votos, o 32%. No 2016, os socialistas quitaran 1.106 sufraxios, o 20,39%, polo que suben case doce puntos.
O PP desplómase xa que pasa de 2.378 apoios no 2016, o 43,84%, a 1.701, o 29,17%. O partido liderado por Pablo Casado cae case 15 puntos con respecto aos anteriores comicios.
A terceira forza política en Ribadeo é Unidas Podemos, con 743 sufraxios, o 12,74% do total. Ciudadanos obtivo 566 apoios, o 9,71%. Como quinta irrumpe Vox, con 378 (6,48%), por riba do BNG, que goberna no Concello. Malia que aumentou os seus apoios, o partido frontista queda en 336 respaldos electorais, o 5,76%.
En Marea suma 82 votos, o 1,41% do escrutinio.
A participación subeu notoriamente en Ribadeo. No 2016, a abstención superara -con 2.616 persoas- os votos da primeira forza política, o PP (2.378). Daquela, o porcentaxe de participación foi do 67,87%, mentres que este domingo votaron 5.936 ribadenses, o 74,09% do censo electoral.
FOZ
En Foz, o PP baixa 16 puntos, do 41,36% ao 25,53%, superando con pouco a cuarta parte. Supérao o PSOE, que pasa de 1.352 sufraxios a 1.938, o que supón subir en porcentaxe de voto máis de dez puntos (34,10%).
Unidas Podemos obtén 730 votos, o 12,89%. Ciudadanos suma 600, o 10,59%; no 2016 quitara 433 sufraxios. O BNG sube 2,78 puntos, para alcanzar os 384 votos.
A ultradereita entra con forza en Foz, sumando 340 votos, o 6%. En Marea acumula 55 votos. A participación foi do 75,10%, subindo catro puntos.
BURELA
En Burela, o escenario político cambiou tamén significativamente con respecto ao 2016. Daquela, o PP estivera a piques de dobrar ao PSOE en votos, con 1.985 por 1.007 dos socialistas.
Neste 2019, o partido que encabeza Pedro Sánchez suma 1.400 votos (28,27%). Son 61 máis cós do PP, que alcanza o 27,03% do escrutinio.
Podemos quita o 15,77% (781 votos), mentres que Ciudadanos suma 560, polo que sube case catro puntos con respecto a 2016.
Vox é a quinta forza política en Foz, con 315 votos (6,36%), un sufraxio máis cós que suma o BNG. En Marea recibe 43 votos.
A participación alcanzou o 70,87%, case catro puntos por riba dos anteriores comicios.
VIVEIRO
En Viveiro, o PSOE suma 3.128 votos, case mil máis ca no 2016. Pasa de recibir o 25,66% do escrutinio a colleitar o 35,10% dos votos.
Os socialistas superan ao PP, a forza máis votada no 2016. Daquela, os populares recibiron 3.442 votos, o 40,32% do total, fronte aos 2.300 obtidos este domingo, o 25,81% do escrutinio.
Podemos acada 1.339 votos, o 15,03% dos sufraxios. Ciudadanos suma 852, o 9,56%, mentres que o BNG suma 515 apoios, quitando tres puntos máis dos obtidos no 2016 (236).
Vox roza o 5% (4,94%) en Burela, con 440 votos. En Marea supera por pouco os cen sufraxios, con 103 (1,16%).
A participación subiu do 68,56% ao 72,34%.