O valadourense César Mogo (PSOE) accede ao Senado

O PP suma tres actas da Cámara baixa na provincia de Lugo por unha dos socialistas

César Mogo, de fronte, nun reparto da campaña das xerais. AXM

O socialista César Mogo (O Valadouro, 1960) será o único senador da Mariña Lucense na vindeira lexislatura. Tras obter 62.183 votos, é o único representante do PSOE en Lugo que accederá á Cámara alta, despois de que o PP se fixese cos outros tres postos en xogo na provincia.

Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía, Mogo formou parte dos equipos electorais nas etapas de Felipe González, José Luis Rodríguez Zapatero e Pedro Sánchez. Participou no grupo que preparou a moción de censura contra Mariano Rajoy e ostentou, entre outras responsabilidades, a Dirección de Asuntos Institucionais do Gabinete da Presidencia do Goberno.

José Manuel Barreiro (Lugo, 1957) volve obter a súa acta no Senado, onde exerceu como voceiro do PP desde 2011 ata 2018, cando foi relevado por Ignacio Cosidó. Quitou 68.790 apoios (35,72%).

Rosa Arza (Quiroga, 1988), nova senadora, é a presidenta de Novas Xeracións na provincia de Lugo. Finalmente, Manuel Lorenzo Varela (Chantada, 1950), alcalde chantadino coa iniciativa Independentes do Asma, logra acta como senador tras volver ao PP este ano, tras deixalo en 2007. Recibiu o respaldo de 65.584 electores.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here