InicioPolíticaO BNG de Mondoñedo presenta a súa lista para as eleccións municipais

O BNG de Mondoñedo presenta a súa lista para as eleccións municipais

O número 2 da candidatura será a concelleira María Elena Freire Castro, mentres que Josefa Carballeira Díaz irá no posto 3

Publicada o

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista de Mondoñedo (BNG) presentou este mércores a candidatura coa que concorrerá ás vindeiras eleccións municipais, que liderará o bombeiro forestal Eloi Cabanas

O candidato asegura que esta lista “combina a experiencia e a solvencia dos que xa formaron parte da corporación en anos anteriores e a ilusión e o compromiso de traballo das novas incorporacións”.

Segundo precisa o Bloque, trátase dunha candidatura renovada nun 40%, integrada por sete mulleres e oito homes e cunha media de idade de 42 anos.

A nosa prioridade absoluta será a de abordar estratexias dirixidas a recuperar o dinamismo económico e a creación de emprego no noso concello, e para iso tamén é preciso un goberno reivindicativo que non sexa compracente cos gobernos doutras administracións”, indica Cabanas.

CANDIDATURA

O número 2 da candidatura será a concelleira María Elena Freire Castro. Josefa Carballeira Díaz, desempregada, irá no posto 3. André Outeiro García, traballador autónomo, ocupará a cuarta praza, mentres que Manuel Anllo Centeno, graduado en Turismo, será o 5.

Clara Vila Vázquez, estudante de Dereito; Pablo Rodríguez García, técnico de obra; Amador Pumariño Pérez, monitor deportivo e psicopedagogo; María Esmeralda Irimia Balseiro, técnica do 061 Galicia; Feliciano Berdeal-González Berdeal, fontaneiro; e María del Carmen Maseda Díaz, concelleira e auxiliar de enfermería, completan a listaxe.

María Amandina Salgueiro Castro, técnica en atención sociosanitaria; Francisco González Olveira, traballador por conta allea; Yolanda Pumariño Pérez, mestra; e Manuel Orlando González Cruz, médico xubilado e ex alcalde, serán os suplentes da lista do partido frontista.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...