InicioPolíticaO PP de Alfoz presenta a súa candidatura para as eleccións locais

O PP de Alfoz presenta a súa candidatura para as eleccións locais

A lista, que encabeza o profesor Pepe Peinó, incorpora nove caras novas de 16 integrantes

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular (PP) de Alfoz anunciou o pasado mércores a súa candidatura para as eleccións xerais. Máis da metade dos membros da lista –9 de 16son novos nela respecto á anterior convocatoria electoral.

Os conservadores destacan que se inclúe “moita xente nova na lista, sendo a máis xove unha rapaza de 20 anos e o máis maior un home de 68 anos. A media de idade dos membros da lista é de 39,5 anos”.

Ademais, entre os candidatos que compoñen a listaxe “hai diversidade de cualificación profesional. Hai gandeiros, profesores, empresarios, veterinarios ou albaneis”, remarcan.

O acto de presentación da candidatura popular vaise celebrar o vindeiro 10 de maio no Restaurante A Naranja, de Carballido.

CANDIDATURA

Como xa adiantaran os populares, o profesor Pepe Vázquez Peinó (Lugo, 1960), independente, será o candidato.

Juan José Fraga Paz, enxeñeiro agrícola e concelleiro en Alfoz durante doce anos, será o número 2. O 3 é para a florista Raquel Rouco Iglesias, e o 4 para o administrativo Jacobo Geada Adrio.

Jésica García Fraga, Daniel Rejes Trobo, Marco Vázquez López, Nerea Pena Vigo, Alberto Souto Franco, Ana Martínez Rego, José Juan Lorenzo Rubal, Fernando Rico Val, Iván Fernández Pernas, Rebeca Fraga Paz, Gerardo Cao Veiga e Jesús Paz Pumares completan a listaxe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...