InicioPolíticaCxG Ribadeo propón reducir "nun 50%" os soldos da corporación para destinar...

CxG Ribadeo propón reducir “nun 50%” os soldos da corporación para destinar a diferenza “a fins sociais”

A formación presentou a súa candidatura, que encabezará Jesús Pérez Moreda, 'Suso Villalba'

Publicada o

- Advertisement -

Compromiso por Galicia (CxG) presentou este venres na Praia das Catedrais a súa candidatura para as vindeiras eleccións locais no municipio de Ribadeo, unha lista que liderará Jesús Pérez Moreda, “Suso Villalba”.

A formación remarca a “experiencia” que achegarán o ex concelleiro e da actual edil do PSdeG-PSOE e número tres da lista, Aurora González.

A número 2 é Begoña Fernandez, das Anzas, “corredora de seguros e gran coñecedora dos problemas e inquedanzas da xente do rural”, sinala o candidato de CxG. No cuarto posto concorre Rafael Izquierdo, autónomo, e de número cinco José Ramón Lopez Martínez, informático, natural de Ribadeo e vinculado a actividades deportivas infantís.

Pérez Moreda preséntase co obxectivo de gobernar Ribadeo “non como outros candidatos”, argumenta, “que xa de inicio pensan en non gañar e xa están a repartirse áreas de goberno e cadeiras na Deputación Provincial de Lugo”.

PROGRAMA

CxG Ribadeo tamén deu a coñecer algún dos aspectos do seu programa. Está formado por un total de 57 puntos, divido en sete áreas “de vital importancia” para mellorar en Ribadeo: economía, servizos sociais, emprego e cidadanía, seguido de desenvolvemento local, infraestruturas, medio ambiente, rural e praias, cultura e deportes, turismo e por ultimo tráfico.

REDUCIÓN DE SALARIOS

Pérez Moreda sinala que “se trata dun programa enfocado no 70% das súas medidas á mellora na xestión dos servizos públicos e dos problemas actuais do noso concello e o resto son propostas en inversións. A primeira medida que tomaremos, e que figura no programa, é a redución ao 50% de todos os soldos políticos, e esa partida duns 50.000 euros, que vaia destinada a servizos sociais”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...