InicioPolíticaPor Viveiro e CxG anuncian as súas propostas para a creación dun...

Por Viveiro e CxG anuncian as súas propostas para a creación dun espazo cultural

Os independentes propoñen utilizar o centro comarcal como lugar para actividades da mocidade, mentres que a formación galeguista impulsará "a compra das naves" de Ramón Canosa

Publicada o

- Advertisement -

Por Viveiro propón que o antigo centro comarcal sexa destinado a casa da cultura e da xuventude.

O candidato da formación independente, Bernardo Fraga, xunto con Ana Gómez, Jesús Romeo, Paula Insua e Dani Hermida, compareceron na mañá deste sábado fronte o edificio, en desuso.

Fraga declarou que “Viveiro necesita un centro cultural de referencia, onde se organicen todo tipo de actividades durante todo o ano, aberto á veciñanza e visitantes”.

“Este centro pode acoller dende exposicións permanentes ou temporaisdebates ou conferencias. Así mesmo, a súa dimensión permite adicar parte do espazo a actividades dirixidas directamente á xuventude”, argumenta o alcaldable de Por Viveiro.

USO APROBADO POLO PLENO

Este uso para o edificio xa foi aprobado polo Pleno Municipal a instancias dos concelleiros non adscritos, pero “o goberno municipal socialista non non quen foi de poñelo en funcionamento durante o presente mandato”.

LOCAL DE ENSAIO PARA GRUPOS

Pola súa banda, Alba Sanjurjo, candidata de Compromiso por Galicia (CxG) á alcaldía de Viveiro, compromete impulsar desde o Concello a compra das naves situadas en Ramón Canosa para o axeitamento da contorna e a creación dun espazo cultural con salas de exposicións e locais de ensaio para grupos.

Trataríase “dun proxecto ao estilo do espazo madrileño Matadero, mais adaptado as necesidades de Viveiro. Non é un tema menor que estea á carón do recinto municipal usado polo festival Resurrection Fest, xa que con esta actuación tamén potenciamos ese mesmo recinto”, afirmou a alcaldable de CxG.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...