A candidatura de En Marea quere ser “aire fresco” para Mondoñedo

Chus Amieiro lidera a lista do partido instrumental, na que Pedro Leivas será o número 2 e Rosa Espiñeira o 3

Candidatura de En Marea Mondoñedo. AXM
En Marea presentou este martes a candidatura coa que concorrerá ás eleccións municipais en Mondoñedo, unha lista que encabezará a hostaleira Chus AmieiroPedro Leivas será o número 2 da candidatura, mentres que Rosa Espiñeira ocupará o posto 3. Manuel Germade irá no 4.

DOCE CANDIDATOS

Purificación Barreira, Michel F. Stassart, Erundina García, Ernesto A. Álvarez, Genma Díaz, Braulio Casabella, Modesta Ron, Óscar Cortiñas e Celia Cabanas completarán a listaxe do partido instrumental.

LISTA “DIVERSA E PLURAL”

A cabeza da candidatura resalta que “somos unha lista diversa e plural, e acreditamos en que outro Mondoñedo é posible e que as cousas se poden facer de outro xeito. Pretendemos ser aire fresco que abra as portas e as ventás do Concello para que este sexa a asa de todos”, expón Amieiro.

XESTIÓN “TRANSPARENTE E PARTICIPATIVA”

No tocante ao programa, En Marea aposta “por unha xestión 100% transparente e participativa. Traballaremos para obter prazas asistenciais públicas e de calidade.
O noso aval son os casi dous anos que levamos traballando, axudando á veciñanza, con feitos”, conclúe a candidata.

70 CANDIDATURAS EN GALICIA

En Marea anunciou este martes que presentará 70 candidaturas para as eleccións locais do vindeiro 26 de maio en Galicia. Dúas delas serán na Mariña Lucense, pois tamén haberá lista do partido instrumental en Ribadeo. Evaristo Lombardero será o cabeza da listaxe.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here