InicioPolíticaDavid Rodríguez e Denise Galán, nos postos 4 e 6, principais novidades...

David Rodríguez e Denise Galán, nos postos 4 e 6, principais novidades da lista do PP de Cervo

Alfonso Villares, rexedor desde 2007, aspira a revalidar a maioría absoluta cun equipo que mestura "experiencia e xuventude"

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Cervo presentou este martes a súa candidatura para as eleccións municipais en Cervo. O actual rexedor cervense, Alfonso Villares, asegura que formou “un equipo que combina experiencia e xuventude para seguir a traballar polo municipio os vindeiros catro anos”.

O alcaldable do PP cervense presenta “unha lista paritaria, integrada na súa totalidade por veciños e residentes no noso concello. Coñecedores, pois, das necesidades da veciñanza, e con moita ilusión, ideas e proxectos de futuro para os vindeiros anos”.

A edil de cultura e educación, Dolores García Caramés (número 2), a concelleira de medio ambiente e turismo, Mali Méndez (número 3), Alfredo Fernández “Fero” (número 5), responsable de rexime interno e patrimonio, Pilar Armada (número 7), delegada de servizos sociais e igualdade, e Plácido Pérez (número 8), tenente de alcalde.

Ademais, Villares contou con Antonio Basanta (número 9), Yolanda Pedreira (suplente), Inés Cobas (suplente) e con José Manuel Balseiro (suplente), que repiten na lista.

TRES DEBUTANTES NA POLÍTICA LOCAL

A principais novidades do PP cervense é a incorporación nos primeiros postos de David Rodríguez (número 4), Denise Galán (número 6) e Sabela Ribas (número 10). Son “tres mozos de Cervo que se suman ao proxecto e debutan en política con moitas ganas e coa aspiración de poder facer realidade esas ideas que traen para que Cervo poida seguir crecendo”, expón Villares.

PROGRAMA

O candidato do PP á alcaldía de Cervo afirmou que o programa que presentará o partido conservador “é realista, factible e ilusionante, e está asentado sobre unha xestión económica responsable que permite materializar todos eses proxectos que teñen o único obxectivo de mellorar o día a día de toda a veciñanza en igualdade de condicións”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...