InicioPolíticaO PP asegura que "cambiou" a imaxe de Mondoñedo, "percibido como un...

O PP asegura que “cambiou” a imaxe de Mondoñedo, “percibido como un lugar de oportunidades”

A alcaldesa, Elena Candia, encabezará a candidatura conservadora para as eleccións locais

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Mondoñedo presentou este mércores a candidatura coa que concorre ás eleccións municipais. A actual rexedora, Elena Candia, encabeza a listaxe na que tamén repiten os membros do seu equipo de goberno Manuel Ángel Otero Legide, tenente de alcalde, María Ángeles Rodríguez, José Otero, Manuel Tapia e Alberto García.

Beatriz Meilán, Sabina del Pilar Allande e Pablo Redondas, integrantes da candidatura en 2015, volven na lista que incorpora como novidades a María Patricia Otero (7) e Pascual Jesús Ares (10).

Dez suplentes –Isidro Maseda, María del Pilar Díaz, Milagros Martínez DíazMarcos Candia, José Ramón Díaz, Sonia Fernández, Ana Mel, Luciano Javier Folgueiro, Luis Otero e José Aquilino Bouso– completan candidatura popular.

Candia subliñou que se trata dun grupo “de persoas de diferentes idades e profesións” que conta cun proxecto “novo e ilusionante” para “seguir traballando” pola cidade.

BALANCE DA LEXISLATURA

Na presentación,  expuxo tamén o seu balance da lexislatura, sostendo que “cumpriran o programa electoral co que se presentaran as pasadas eleccións municipais”. Neste senso, apuntou que “invertimos a imaxe do concello” propiciando que “Mondoñedo se perciba como un escenario de oportunidades“.

Candia citou a apertura e ampliación do centro de día, a mellora do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) ou a posta en marcha da ludoteca. No tocante ao turismo, referiuse á inauguración do Casa Museo Álvaro Cunqueiro ou a creación dun albergue da natureza.

Ademais, defendeu a xestión no eido do emprego destacando a rebaixa dos prezos das parcelas no polígono industrial ou a modificación de ordenanzas para facilitar o asentamento de actividades económicas no concelo. Doutro lado, enumerou as obras realizadas no casco urbano e no rural. Concluíu que o seu goberno incrementou o investimento e que acadou a “débeda cero”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...