InicioPolíticaCandia cre que a provincia "xa pagou moi caras" as "leas internas"...

Candia cre que a provincia “xa pagou moi caras” as “leas internas” do PSOE

A presidenta do PP lucense pide aos socialistas que "afasten" as "desavinzas" da Deputación, mentres que o BNG di aceptar o "mandato social" de que "non goberne a dereita"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A presidenta provincial do Partido Popular (PP), Elena Candia, fixo este luns un chamamento ao PSdeG-PSOE para que “afaste as súas leas internas das institucións” e, de forma concreta, da Deputación de Lugo, porque esta provincia, argumenta, “xa pagou un precio moi caro” polas súas desavinzas no último mandato.

Candia lamentou que os socialistas estean “a pelexar” por unha “presidencia que aínda non teñen”, ademais de lembrar que o PP “é a forza política máis lexitimada para gobernar a Deputación”, dado que “gañou as eleccións” e porque o partido de goberno perdeu a un dos seus deputados“, de xeito que é “doado de interpretar que a veciñanza non respaldou o seu proxecto”.

A presidenta provincial do PP preguntouse tamén se o BNG “vai ser cómplice” desta situación, porque “unha vez máis”, afirmou, “estamos a ver a un PSOE que é un partido de ambicións persoais disfrazadas de interese público”.

A 200 VOTOS DA MAIORÍA ABSOLUTA

A voceira dos conservadores na Deputación de Lugo insistiu, en declaracións a Efe, en que é o seu partido o que “debera gobernar”, porque foi a forza con mais apoios e quedou “a só 200 votos de acadar a maioría absoluta“.

O BNG ACTUARÁ CON “RESPONSABILIDADE”

A voceira nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón, avanzou este luns que, de cara a negociar pactos tralas eleccións municipais, a formación frontista actuará “con responsabilidade”, escoitando “o mandato dos cidadáns, que non queren políticas de dereitas“.

“Imos traballar con humildade para estar á altura deste momento e non só para que aqueles que nos votaron se sintan orgullosos, senón tamén para sumar máis apoios”, sostivo Pontón nunha rolda de prensa tras reunirse en Santiago de Compostela cos voceiros do BNG nas sete cidades galegas.

Neste senso, a voceira nacionalista remarcou que, dado que unha maioría da sociedade galega “non quere gobernos da dereita”, o BNG responderá “a esta demanda con diálogo, pero tamén con propostas concretas sobre a mesa”.

PACTOS SUPEDITADOS A “CAMBIOS REAIS”

A líder do BNG sinalou que a acción de futuro do partido frontista onde non teña alcaldías “vai estar supeditada a que haxa cambios reais“, polo que a formación frontista vai ser “moi esixente no seu traballo”, buscando “o diálogo e a man tendida”, pero sempre cunha orientación clara: “facer avanzar o proxecto nacionalista nas cidades”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...