InicioPolíticaSantos: "se o BNG non apoia ao PSOE na Fonsagrada, que non...

Santos: “se o BNG non apoia ao PSOE na Fonsagrada, que non se escandalice en Barreiros”

O secretario dos socialistas lucenses insta a Gonzalo Caballero a aclarar a que se refire cando salienta a necesidade "dun novo rumbo" na Deputación

Publicada o

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Álvaro Santos Ramos, asegurou que se o líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, afirma que se precisa “un novo rumbo” na Deputación de Lugo debera aclarar “cara onde quere ir”, salvo que considere que “hai que cambiar ás persoas que tomaron as decisións”.

Santos Ramos asegurou que a Deputación “mantivo un bo rumbo para a veciñanza de Lugo” que “non houbese sido posible sen Darío Campos á fronte”, polo que “todos os demais debates son perchas para traxes que se están a coser”.

A executiva provincial ten que facer unha proposta de lista de deputados e de suplentes dos diferentes partidos xudiciais, que se fará nunha reunión da comisión executiva provincial, que terá lugar “nos próximos días“, dixo Santos, quen precisou que “aínda non está sinalada data nin hora”.

Para elaborar esa lista, dixo Santos, a executiva provincial xa dispón “de moita informacón dos partidos xudiciais”, non “só a que eclosiona, se non a que hai realmente, que chega de xente que non se manifesta publicamente, que dá a súa opinión nos órganos de partido”.

Con toda esa información, “farase unha proposta e trasladarase a Ferraz, á Comisión Federal de Listas, á dirección federal do partido, que é a que ten que tomar a decisión. A miña obriga é que coñeza a realidade do partido na provincia de Lugo, que será a que se lle traslade”, precisou.

No tocante ás declaracións do secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, en relación coa necesidade de abrir novos tempos na Deputación de Lugo, Santos Ramos dixo que “se el profundizase un pouco máis en que consiste ese novo rumbo, poderiamos explicalo mellor. Correspóndelle explicalo a outros“, concluíu.

PACTOS: “NON HABERÁ SORPRESAS”

Por outra banda, segundo recolleu Lugo XornalÁlvaro Santos considerou que “non” se producirán sorpresas na constitución das corporacións municipais na provincia este sábado. Con todo, na Fonsagrada o BNG condicionou o seu apoio ao PSOE a que non repita o alcalde en funcións Argelio Fernández.

Sobre este caso, Santos volveu a proclamar que este conta co respaldo do partido. Con todo, advertiu de que se o Bloque non se “escandaliza” por non apoiar ao PSOE, que “tampouco se escandalice” se se dá o caso en Barreiros ou Muras, onde os nacionalistas dependen do PSOE.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...