O Bloque reforzará o seu peso no bipartito do Valadouro

Nacionalistas e socialistas chegaron a un principio de acordo para un goberno de coalición que volverá liderar Edmundo Maseda

Eduardo Chao e Edmundo Maseda asinan o acordo. AXM

PSdG-PSOE e Bloque Nacionalista Galego (BNG) repetirán goberno de coalición no Valadouro. As formacións, socias na pasada lexislatura, chegaron a un principio de acordo para formar un executivo bipartito con máis peso para os nacionalistas que, liderados por Eduardo Chao, lograron dous edís nas pasadas eleccións de maio, un máis que nos comicios do 2015.

Os socialistas, pola contra, reduciron a súa representación na corporación municipal, pasando de cinco a catro concelleiros.

SEN CONCRETAR ÁREAS NIN DEDICACIÓNS

A última hora deste xoves, as formacións non confirmaban a repartición de áreas, aínda por concretar e ratificar por parte dos órganos locais.

Edmundo Maseda será investido alcalde con seis votos no Pleno deste sábado ás 12:00 horas. A corporación municipal completarase cos catro edís do Partido Popular e a representante de Unión Independente do Val (Udival).

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here