InicioPolítica"Comeza unha nova época", promete Cajoto, alcalde socialista de Foz con 11...

“Comeza unha nova época”, promete Cajoto, alcalde socialista de Foz con 11 de 17 votos a favor

PSOE e BNG tamén gobernarán conxuntamente no Valadouro, onde Edmundo Maseda mantense como rexedor

Publicada o

- Advertisement -

Fran Cajoto tomou posesión este sábado como novo alcalde de Foz, co respaldo dos sete edís do PSdeG-PSOE, dos tres do Bloque Nacionalista Galego (BNG), formación coa que os socialistas gobernarán en coalición, e do concelleiro de Foz Plataforma de Futuro (FPF), Víctor Couto. O Partido Popular (PP), con seis representantes, votou en contra, polo que o rexedor tivo 11 de 17 apoios.

Cajoto agradeceu a confianza dos cidadáns para facer que comece “unha nova época. Agárdanos un futuro espléndido que temos que construír entre todos os focegos. Traballaremos arreo por todos e cada un dos veciños de Foz”, expuxo o rexedor, que agradeceu o apoio dos nacionalistas para a súa investidura.

O primeiro edil focego prometeu “diálogo” e “consenso. Ninguén sobra no proxecto socialista. Queremos que os veciños de Foz sumen e acheguen as súas inquedanzas para conseguir un Concello máis accesible e plural, dignificando, deste xeito, a política. Imos contar coas forzas políticas, cos diferentes sectores, axentes económicos e sociais do municipio para implicalos nos proxectos do cambio”, concluíu.

MASEDA, SOBRE O BIPARTITO: “TEMOS IDEAS SEMELLANTES”

No Valadouro, o PSOE gobernará tamén conxuntamente co Bloque. As forzas que lideran Edmundo Maseda e Eduardo Chao chegaron a un acordo e continuarán coa súa tarefa catro anos máis.

O socialista agradeceu ao BNG o seu apoio e salientou que “no fundamental somos dous partidos con ideas moi semellantes e estou convencido que imos entendernos perfectamente co único obxectivo de mellorar a calidade de vida dos nosos veciños”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...