Mayra García e María Loureiro serán as deputadas provinciais do PSOE pola Mariña

Ferraz valida a proposta da dirección galega, que avala ás alcaldesas de Trabada e Viveiro para representar á comarca no organismo provincial

García Bermúdez e Loureiro. AXM

EFE. A a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, será a segunda deputada provincial pola Mariña Lucense do PSdeG-PSOE, segundo a proposta ratificada pola Comisión Federal de Listas do partido socialista, que avalou como candidato á presidencia da Deputación ao alcalde de Monforte, José Tomé, en lugar do rexedor da Pontenova e responsable do goberno de San Marcos no último mandato, Darío Campos.

O propio Campos, que se despediu do cargo molesto polo proceder da dirección galega do PSdeG-PSOE na elección do candidato, postulárase como deputado provincial, pero finalmente García Bermúdez continuará como representante da Mariña Lucense no ente principal.

Semanas atrás confirmarase a presencia na Deputación da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, quen deixara órgano provincial no 2016 tras ser acusada de prevaricación administrativa, un delito do que sería absolta.

AMBAS APOIARON A CAMPOS

Tanto García como Loureiro apoiaron a candidatura de Campos para renovar mandato na Deputación, pero finalmente aceptaron a proposta da dirección galega ante a negativa da mesma a respaldar ao alcalde da Pontenova.

LUGO CONTARÁ CUN DEPUTADO

Finalmente, a capital lucense contará cunha representante na futura corporación provincial, Ana González Abelleira, quen exerceu no último mandato como concelleira de Benestar Social no goberno local de Lugo.

RESTANTES CANDIDATOS

Na lista ratificada por Ferraz, Tomé figura como candidato a presidente da Deputación de Lugo; como deputados provinciais contan co aval de Ferraz os rexedores de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo; Ribeira de Piquín, Roberto Fernández; o de Xermade, Roberto García; e o de Castroverde, José María Arias.

Tamén están os deputados provinciais en funcións Pilar García Porto (cultura) e Pablo Rivera Capón (deportes).

OS DE PP E BNG, SEN CONFIRMAR

Os tres deputados provinciais do Partido Popular (PP) pola Mariña Lucense están por confirmar, así como o do Bloque Nacionalista Galego (BNG). A reclamación electoral de Burela Sempre ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ralentizará a formación da corporación provincial, polo que os partidos terán máis tempo para decidiren os seus representantes.

Tamén hai outro recurso interposto en Monterroso, onde o PSOE perdería o goberno municipal por un voto.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here