InicioPolítica(AMPLIACIÓN) A Xunta Electoral multa ao presidente da Deputación e a Val,...

(AMPLIACIÓN) A Xunta Electoral multa ao presidente da Deputación e a Val, Loureiro e Parapar (PSOE)

A resolución administrativa imponlles sancións entre os 100 e os 300 euros

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A Xunta Electoral de Mondoñedo impuxo sancións por participar nunha “campaña de logros dunha Administración pública” durante a campaña das últimas eleccións locais ao presidente en funcións da Deputación de Lugo, Darío Campos; aos alcaldes de Viveiro e Alfoz, María Loureiro e Jorge Val, respectivamente, e ao candidato socialista do Vicedo, Vicente César Parapar.

Na resolución da Xunta Electoral de Zona, á que tivo accceso EFE, a sala considera que as visitas realizadas polo presidente da entidade provincial aos municipios mariñaos, en compañía dos respectivos candidatos ás alcaldías deses concellos, teñen unha “evidente connotación publicitaria de logros, realizacións obtidas ou proxectos futuros”, prohibidas en período electoral.

“CONNOTACIÓN PUBLICITARIA”

Campos visitou as obras de mellora no campo de fútbol de Alfoz, o pavillón de Viveiro e unha estrada no municipio do Vicedo, onde fixo constar que, coa execución deses traballos, se daba resposta a demandas e necesidades dos veciños deses concellos.

Para a Xunta Electoral, nas noticias difundidas a raíz desas visitas ponse de manifesto esa “connotación publicitaria” que vulnera “os principios de obxectividade e transparencia do proceso electoral e de igualdade entre os actores electorais”.

“Os feitos dos que se fan eco esas noticias de prensa, unidas ás actuacións, cometidas en dúas ocasións distintas polo señor Campos Conde e nunha soa polos outros denunciados, deben ser considerados como unha campaña de logros dunha Administración pública“, engade.

Trátase dunha forma de proceder, aclara, que vulnera a propia lei electoral “sen que poida entenderse que se trata dunha campaña informativa que resulta imprescindible para a salvagarda do interese público” ou para “o correcto desenvolvemento dos servizos públicos”.

CONTÍA DAS MULTAS

A Xunta Electoral imponlle dúas sancións de 300 euros a Darío Campos, multas de 300 euros a Jorge Val e a María Loureiro e outra de 100 euros a Vicente César Parapar.

A resolución pon fin á vía administrativa. Os afectados poden interpoñer un recurso  contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

DENUNCIA DO PP

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, salienta que a sanción “vén propiciada por unha denuncia do PP, pois a Xunta Electoral de Zona non actuou de oficio”.

A rexedora explica que “pola nosa parte entendemos que as obras ás que se refire a Xunta son actuacións que se van realizar igual gañase ou non o partido socialista as eleccións, pois estaba aprobado en pleno da Deputación”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...