Otero aclara que non cre que Arias “sexa unha persoa machista”

A deputada burelá matizou que o calificativo se refería "a un comentario" do alcalde de Castroverde, o seu rival pola secretaría xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo

Patricia Otero. AXM

EFE. A deputada autonómica Patricia Otero aclarou que “en ningún momento chamou machista” ao seu rival pola Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, José María Arias, senón que utilizou ese cualificativo para referirse a un dos comentarios que fixo o alcalde de Castroverde en relación coa súa candidatura, ao decir que estaba “teledirixida“.

En declaracións a Efe, Otero quixo “resolver” a polémica e matizou que as súas palabras se referían unicamente a un comentario que, ao seu xuízo, tiña “tintes machistas”.

“Non lle chamei machista porque, sinxelamente, non creo que sexa unha persoa machista. Realmente non o creo, porque se non non estaría neste partido”, dixo Arias, quen recordou que ambos candidatos están “no mesmo barco” e que deste proceso ten que saír un partido “máis forte e cohesionado”.

ELECCIÓNS Á SECRETARÍA XERAL

Como recolleu Lugo Xornal, a deputada mariñá asegurou que Arias é un “bo” alcalde, que leva moitos anos traballando no Partido Socialista, e que a súa intención é “apoiar” desde a organización a todos os cargos institucionais, de modo que, superado este proceso, traballará “de xeito conxunto” con el.

O seu obxectivo é que “nas próximas eleccións autonómicas o PSdeG-PSOE sexa a primeira forza en votos na provincia de Lugo”, pero para iso, enfatizou, “hai que centrar todos os esforzos” e deixar de lado “diferenzas e discusións”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here