InicioPolíticaPSOE e BNG celebran a primeira reunión para formar un goberno en...

PSOE e BNG celebran a primeira reunión para formar un goberno en coalición na Deputación

A investidura do socialista José Tomé semella asegurada e ambas formacións negocian a constitución dun executivo que garanta maioría absoluta no pleno

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Representantes do PSdeG-PSOE e do BNG reuníronse este venres por primeira vez desde as eleccións locais do pasado 26 de maio, ao menos de xeito formal, para tratar de pechar un acordo que permita a constitución dun goberno en coalición, con maioría absoluta no pleno, na Deputación de Lugo.

Neste caso, só a suma de ambos partidos, que contan en total con 13 deputados provinciais -tres do BNG e dez do PSOE-, pode evitar que o PP se faga co goberno da institución, dado que o partido conservador conta con doce representantes na corporación.

A CONSTITUCIÓN DA CORPORACIÓN, O XOVES

Á espera de que se concreten as negociacións entre ambos partidos de cara ao pleno de constitución da corporación provincial, que será o próximo xoves -18 de xullo-, o BNG aclarou que a Deputación de Lugo “non será ningunha excepción ao criterio político marcado pola formación nacionalista tanto antes coma despois dos comicios”.

O BNG APOIARÁ “GOBERNOS ALTERNATIVOS” AO PP

Ese criterio pasa por “facilitar gobernos alternativos á dereita en todas as institucións nas que o resultado das urnas o faga posible. Nin por activa nin por pasiva o Bloque permitirá que goberne o Partido Popular cando exista unha opción alternativa, sempre en chave de país e de progreso”, aclarou a formación frontista.

Mónica Freire Rancaño, Efrén Castro e Maite Ferreiro, próximos integrantes do grupo provincial do BNG na Deputación. AXM

Deste xeito, o apoio á investidura do socialista José Tomé, avalado por Ferraz e a dirección galega en detrimento do presidente en funcións, o alcalde da Pontenova Darío Campos, semella asegurado.

O BIPARTITO, ROTO NO ANTERIOR MANDATO

Fontes do partido socialista indicaron que o propio Tomé está a participar na reunión que se está a celebrar na Deputación, un encontro para comezar a perfilar o futuro goberno da institución provincial, que podería ser de coalición ou, en último caso, do PSOE en solitario con apoios puntuais por parte do BNG.

No pasado mandato, o bipartito entre socialistas e nacionalistas quedou roto en xuño de 2016, tras pactar o PSdeG-PSOE a aprobación dos orzamentos provinciais co grupo do PP lucense.

O PP PIDE QUE “DEAN A COÑECER” O SEU PROXECTO

O grupo provincial do PP, pola súa banda, reclamou a socialistas e nacionalistas “que dean a coñecer o seu proxecto para a provincia”.

A voceira do PP provincial, Elena Candia, afirma que “os veciños e veciñas deben coñecer o proxecto que van levar a cabo, máis cando os dous partidos políticos con representación na institución provincial rexeitaron coñecer o programa que tiñamos para executar”.

Grupo provincial do PP. AXM

A popular considera que “a convulsión que vive o PSOE”, na que “cada día os seus membros polemizan publicamente pola loita de poder, a veciñanza merece coñecer todos os detalles das persoas que van levar as rendas da Deputación de Lugo e os proxectos e accións que porán en marcha polo avance da provincia”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...